Alén
Danza con Colectivo Glovo
Alén é unha creación escénica de danza contemporánea executada por catro intérpretes, que nace do desexo de habitar o límite. Explora o “alén” non como un destino, senón como un proceso: o momento no que algo remata, mais o novo aínda non tomou forma. A peza propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dun territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. A través dunha proposta dancística dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.
FICHA ARTÍSTICA
Autoría e dirección: Esther Latorre, Hugo Pereira
Elenco: Esther Latorre, Paula Urquijo / Estefanía Gómez, Xián Martínez, Marc Fernández
Coreografía: Esther Latorre
Iluminación: Xacobo Castro
Vestiario: Adolfo Domínguez
Música: José Pablo Polo
Asistente de ensaio: Estefanía Gómez
Fotografía: Sabela Eiriz
Produción: Hugo Pereira, Colectivo Glovo