Alén
Estrea do espectáculo coproducido por Colectivo Glovo e o Centro Coreográfico Galego
ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea con catro intérpretes que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como destino, senón como proceso: o momento no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir, transformada. Nunha proposta dancística dinámica e enerxética, móvese na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.
Sinopse
Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe por dentro. Non sabemos ben o que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O derradeiro respiro antes do salto. Nese intre, entre o derrube e o renacemento, nace ALÉN.
Ficha artística
Dirección e autoría: Esther Latorre e Hugo Pereira
Coreografía: Esther Latorre
Repetidora: Estefanía Gómez
Interpretación: Esther Latorre, Paula Urquijo, Xián Martínez e Marc Fernández
Asesoría de movemento (danza tradicional): Iván Villar
Espazo sonoro: José Pablo Polo
Espazo lumínico: Xacobo Castro
Vestiario: Adolfo Domínguez
Fotografía: Sabela Eiriz
Produción: Hugo Pereira · Colectivo Glovo
Coprodución: Colectivo Govo e Centro Coreográfico Galego (Axencia Galega das Industrias Culturais · Xunta de Galicia) · Teatro Ensalle · Concello de Lugo · Concello de Ames · Seattle International Dance Festival · Teatro de Vila Real (Portugal) · Auditório Municipal de Macedo de Cavaleiros (Portugal).
- Funcións o 16, 17 e 18 de xaneiro, ás 20:00 h
- Reserva de entradas