Share
15/12/2024 - 18:00h | Auditorio Manuel María | O Carballiño

Aí vén o apalpador

  • A Gramola Gominola. Especial Nadal

O apalpador
Rede Galega de Teatros e Auditorios

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico rock&roll en galego para público cativo.

A banda está composta por Paco Cerdeira (Pakolas, Zënzar), Paula Romero (De Vacas, banda de Guadi Galego, Coro  Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (S4N7, Nebra, Wealman). 

O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!  

Son Premio Martin Códax da Música 2018 de música infantil e teñen tres discos publicados coa Editorial Galaxia. 

Neste espectáculo poderemos gozar das mellores cancións gramoleiras do Nadal e celebrar con cada baile, rir co seu humor e corear os retrousos máis apegadizos. Desfrutaremos cantando as cancións do 

Apalpador ou Rap metal do Nadal e tamén os grandes éxitos que xa non poden faltar nun concerto da Gramola.