Share
10/04/2026 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Adiós Cuba

  • Rolando Díaz, 2025

Adiós Cuba
Fóra de serie

Caridad, unha directora de teatro cubana exiliada en Valencia, empéñase en montar unha obra sobre o éxodo de cubanos da Illa. Para iso proponse dialogar con mulleres e homes que, desde distintos confíns, lle contan as súas experiencias; todas, con risco para as súas vidas.

Con eses testemuños dialogados, proponse desenvolver unha posta dinámica en escena que nos leve á emoción, á dor e por momentos ata ó riso, porque ata nos peores momentos hai espazo para rir.

Para levar adiante ese soño, Caridad conta con amigos entrañables: Lázaro, Regla e Fátima, todos cubanos residentes en Valencia, que a axudarán a buscar casos de fugas espectaculares e a montar un escenario insólito no medio dunha perdida nave industrial que lle permita a través da música, a palabra, a danza e a escenografía expresar con forza a súa profunda mirada sobre o desarraigamento, a nostalxia e a perda.