Share
24/10/2024 - 22:00h | Teatro Municipal Pastor Díaz | Viveiro

Ada Byron: La tejedora de números

  • Espectáculo de La Westia Producciones, que se exhibe en Galicia dentro da programación de Camiño Escena Norte

Ada Byron: La tejedora de números, de La Westia Producciones (AST)
Camiño Escena Norte

Ada está na cama, moi enferma, e no seu delirio ve o pai morto (Lord Byron) co que repasa a súa propia vida na que as matemáticas adquiren un gran protagonismo. Repaso vital no que pai e filla se coñecen e xorden revelacións e reproches que fan cambiar a concepción que Ada ten da súa existencia, e lévana a tomar unha decisión sorprendente.

Ada Byron é considerada a nai da informática actual e é filla do poeta romántico Lord Byron. O espectáculo combina teatro e ciencia, para dar a coñecer a vida dunha das mulleres máis relevantes da humanidade e que con todo resulta ser toda unha descoñecida.

La Westia Producciones

La Westia Producciones naceu no ano 2019 e estreou varios espectáculos para mozos e adultos nos que realiza un minucioso deseño das linguaxes escénicas para atrapar o espectador. O último deles, ‘Ada Byron: La Tejedora de Números’, Premio Jovellanos á produción escénica 2023, foi o gran triunfador na Gala dos Premios OH! das Artes Escénicas de Asturias, con seis galardóns. Entre eles o de mellor espectáculo.