Share
26/10/2024 - 20:00h | Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela | Cangas

Absurdia

  • Dani Blanco Producións

Absurdia
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados.

Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar. Benvidos, isto é ABSURDIA.