Share
31/07/2026 - 22:00h | Feira do Trece. Sedes | Narón

Abril

  • Un concerto de folk contemporáneo a cargo de Abril

Abril
Cultura no Camiño

Claudia Abril (voz e percusións)  Marina Carpente (violín e voz) e Hugo Abril (Guitarra clásica) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura. Abril é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.