25/07/2026 - 21:00h
| Praza da Constitución
| Betanzos
5
un espectáculo de novo circo de Sue Moreno con Culturactiva
Cultura no Camiño
Un espectáculo con equilibrios, acrobacias aéreas variadas, música ao vivo e un sinfín de habilidades dunha das acróbatas máis establecidas de Galicia.
Sue Moreno presentános unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta flotando no aire... Canto tempo máis pode ser trapecista?
5.0 fala de cambios, de premenopausia, de transformación, de envellecemento... pero sobre todo fala de facelo con amor e con moito humor.
Ficha artística
Dirección: Gonçalo Guerreiro
Elenco: Sue Moreno
Música orixinal: Manuel Fonte
Asesoría batería: Diego Puga
Asesoría flamenco: Carolina Blanco
Vestiario e escenografía: Sue Moreno
Fotografía e vídeo: Amaia Niango
Duración: 50min