Share
21/02/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

4 clips de estrea

  • José Luis Ducid, 2025

4 clips de estrea
OFF GALICIA

José Luis Ducid coordina a produción de 4 pezas audiovisuais editadas por 4 realizadores distintos, todas sonorizadas por Alfonso Camarero en Gourmetsound Estudio.

Exordio brevísimo a cargo de José Manuel Sande.

 

1- LA LUZ Y EL VIENTO [5 minutos]:

Videopoema -baseado nun texto de León Felipe- interpretado polo artista plástico Javier de la Rosa. Musicalizado por A. Camarero. Gravado e editado por Santiago "Roma" Romero, de Tragaluz Fotografía.

2- BAR PICASSO [4 minutos]:

Videocreación debedora da obra de pintores, escultores e fotógrafos asiduos ao mítico local coruñés. Musicalizada pola Manu Gómez New Orleans Band. Editada por "Cano" Flores Riedwyl.

3- PUB PENIQUE [5 minutos]:

Microdocumental da celebración dun remoto aniversario do pub de "Charlie". Musicalizado por Hormigonera. Editado por Alejandro Enríquez.

4- 70 SUSTANCIAS Y NI UNA FLOR [4 minutos]:

Animación en 3D integramente realizada e musicalizada polo artista multidisciplinar RDZ a partir dun texto escrito e recitado por J. L. Ducid.