Share
13/07/2023 - 21:00h | Praza do Campo da Feira | Guitiriz

4

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Sue Moreno

4
Cultura no Camiño

Espectáculo no que se misturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia sitúanos a unha muller e o seu día a día intentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade, amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, terna e por momentos absurda.  

Un fantástico espectáculo de aéreos que suma á súa espectacularidade: contido, unha historia necesaria e unha coidada dirección e posta en escena.