Share
24/11/2022 - 21:15h | Edificio Multiusos | Monforte de Lemos

1888. A señorita Xulia

  • Adaptación do clásico de August Strindberg de 1888 a cargo de Estudo Momento

1888. A señorita Xulia
Rede galega de teatros e auditorios

Elenco: Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto.

 A señorita Xulia decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o Conde, para organizar unha festa secreta cos criados. Durante a velada, seduce a Xoán, criado predilecto do Conde. Os dous amantes caen nun perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor. Dúas criaturas brillantes, víctimas do condicionamento social e moral dos seus mundos, tan diferentes... O texto de Strindberg sorprende -e atemoriza- por actual e contundente. É posíbel a igualdade entre home e muller? Entre ricos e pobres? Entre rei e escravo?

Tras o éxito de 1879. Casa de Bonecas, Premio Luísa Villalta pola Igualdade en 2018, Estudo Momento volve demostrar o seu compromiso co feminismo, rescatando un clásico para seguir afondando na ardúa tarefa de construir un futuro mellor, no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por elas mesmas.