10 de marzo
ferrol, sindicalismo, historia, documental

A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol, miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.
O filme aborda todo o proceso de penetración das Comisións Obreiras e do Partido Comunista dentro do estaleiro Bazán, as tensións na negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a súa repercusión internacional, así como o chamado “Proceso dos 23”, onde os principais dirixentes obreiros foron xulgados tres anos máis tarde.
Presentación e coloquio co director Roi Cagiao.