Xornadas Somos Cultura, Somos Coop: 26-28 de novembro
A Axencia Galega das Industrias Culturais é unha das entidades da Xunta de Galicia que colabora coas xornadas Somos Cultura Somos Coop, organizadas por EspazoCoop en colaboración con Coceta e con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025. Este encontro do cooperativismo cultural terá lugar os días 26, 27 e 28 de novembro en Santiago de Compostela, Bergondo e Pontevedra, respectivamente, co obxectivo de favorecer a colaboración público-privada co cooperativismo, amosar o seu auxe no sector das industrias culturais e creativas, e facilitar a intercooperación do cooperativisimo cultural.
Baixo o lema A cultura como dereito, o cooperativismo como motor, o evento reunirá cooperativas culturais, asociacións de cooperativas e público interesado de diversos territorios (Valencia, Andalucía, Cataluña, Madrid e Galicia).