IV Xornada de Promoción Escénica e Musical: 5 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia
A Axencia Galega das Industrias Culturais colabora nunha nova edición da Xornada de Promoción Escénica e Musical, organizada conxuntamente pola Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). Esta actividade trata de crear ano a ano un espazo profesional de relación entre compañías de artes escénicas, bandas de música, promotoras, distribuidoras e profesionais da programación cultural para facilitar o labor de distribución, venda e contratación de espectáculos e actuacións musicais.
Data e lugar:
Esta cuarta xornada terá lugar o martes 5 de novembro de 2024, de 10:00 a 18:30 h, no Auditorio Xosé Neira Vilas e na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás, s/n. Santiago de Compostela).
Dirixida a:
- Profesionais da programación escénica e musical de Galicia e do norte de Portugal, ben sexa en espazos públicos ou privados
- Compañías profesionais de artes escénicas
- Bandas profesionais de música
- Promotoras e distribuidoras asociadas a Escena Galega e AGEM
Inscrición:
- Para profesionais da programación: ata o venres 25 de outubro ás 14:00 h neste enlace
- Para compañías escénicas, bandas de música, promotoras e distribuidoras, o prazo abrirase proximamente
- A inscrición é gratuíta e, no caso dos profesionais da programación, a organización asumirá tamén os gastos de desprazamento derivados da súa asistencia