Share

Xornada de formación Galicia Pro Filme 'Fiscalidade no sector audiovisual': inscricións abertas ata o 14 de outubro

Co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais a través das accións Galicia Pro Filme, Agapi organiza a xornada de formación presencial ’Fiscalidade no sector audiovisual' o día 15 de outubro no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.

Abordaranse cuestións como as deducións e transferencias de crédito fiscal en producións de cine, as formas xurídicas para encamiñar un investimento no audiovisual ou os incentivos territoriais e outras vías de financiamento dunha produción.

A xornada será de balde previa inscrición nesta ligazón antes do 14 de outubro.

PROGRAMA

10:00 h. Benvida. Jacobo Sutil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais e Felipe Lage Coro, presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

10:15 – 11:00 h. 'Deducións e transferencias de crédito fiscal en producións cinematográficas’. Con Sergio Segarra, plataforma de financiamento de YUNIT, e Leticia Domínguez, Key Account Manager en YUNIT.

11:00 – 11:45 h. ‘Formas xurídicas para encamiñar un investimento no audiovisual. Garantías ao inversor’. Con María Negro, xerente do departamento legal de Media e Tecnoloxía de Auren Legal.

11:45 – 12:00 h. Descanso.

12:00 – 12:45 h. ‘Incentivos fiscais territoriais e outras vías para financiar a produción’. Con Alfonso del Río Moreno e Miguel Rodríguez Ureña, socios de Culture CAP7 Fund.

12:45 – 13:15 h. Quenda de preguntas e clausura.

16:00 – 18:00 h. Reunións executivas one-to-one.