Share

Webinario sobre as subvencións para a aceleración cultural no ámbito das artes escénicas: 20 de xuño, 10:00 h

Webminario sobre as subvencións á aceleración nas artes escénicas

A Axencia Galega das Industrias Culturais convida os profesionais das artes escénicas a unirse ao webinario sobre a nova convocatoria de subvencións para a aceleración cultural no ámbito das artes escénicas, que poden solicitarse ata o vindeiro 29 de xuño por parte de pemes, microempresas e persoas traballadoras autónomas que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

  • Data: martes, 20 de xuño de 2023
  • Hora: 10,00 h
  • Conexión a través Webex
  • Relatores: Jacobo Sutil, director; María Antón, xerente; Pilar Portela, coordinadora do Departamento de Música e Danza, e persoal técnico da Axencia Galega das Industrias Culturais