VII Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe: convocatoria
A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) convoca o VII Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe de ficción 2025, dotado economicamente con 2.000 euros para o traballo gañador.
Este certame, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industrias Culturais, ten como obxectivos potenciar a lingua galega no audiovisual, promover aos autores e autoras que escriben en galego e darlle visibilidade ao seu traballo.
O prazo de admisión de propostas remata o 31 de outubro de 2025.
O 5 de decembro anunciaranse os guións finalistas e o 12 de decembro de 2025 farase público o guión gañador.