Share

VI Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe: convocatoria

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) convoca o VI Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe 2024-2025, dotado economicamente con 2.000 euros para o traballo gañador.

Este certame, que conta co apoio da Xunta a través da Axencia Galega de Industrias Culturais, ten como obxectivos potenciar a lingua galega no audiovisual, promover aos autores e autoras que escriben en galego e dar visibilidade ao seu traballo.

O prazo de admisión de propostas remata o 1 de novembro de 2024.

O 6 de decembro anunciaranse os guións finalistas e o 13 de decembro de 2024 publicarase o guión gañador.