Share

Vermú musical para celebrar o talento emerxente: inscrición gratuíta

No marco da súa estratexia de apoio á música emerxente, a Axencia Galega das Industrias Culturais organiza en colaboración coa Fundación Paideia Galiza o evento VERMÚ MUSICAL para celebrar o potencial e a creatividade neste ámbito cunha xornada chea de música, inspiración e novo talento.

📅 Venres, 12 de decembro de 2025

🕧 12,30 h.

📍 Santiago de Compostela. Sala Riquela (rúa Preguntoiro, 35)

💬 Presenta: Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), quen conducirá unha serie de conversas cos artistas participantes.

🎤 Cos directos de Candela Liste e Javier Lago.


  • Inscrición gratuíta neste FORMULARIO ata completar a capacidade.