Subvencións a salas de cine: convocatoria
Publícanse no DOG nº 57, do 20 de marzo as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións a salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, para o ano 2024.
Código de procedemento: CT207M
Dotación: 380.000 euros
Prazo de solicitude: do 21 de marzo ao 22 de abril de 2024
- Máis información no apartado Subvencións da nosa web