Subvencións a salas de cine: convocatoria
Publícase no DOG nº 124, do 6 de xullo de 2026, a Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se convocan para o ano 2026.
Código de procedemento: CT207C
Dotación: 480.600 euros
Prazo de solicitude: desde as 9,00 h do 17 de xullo ata as 20,00 h do 17 de agosto (ou ata o esgotamento do crédito)
- Máis información no apartado Subvencións