Share

Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: convocatoria

Publícase no DOG nº 224, do 19 de novembro de 2025 a Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a salas de artes escénicas de titularidade privada. A súa convocatoria pasa a ser bienal, de xeito que a súa dotación distribúese ao 50% entre as anualidades de 2026 e 2027.

Código de procedemento: CT402D

Dotación: 430.000 euros

Prazo de solicitude: do 20 de novembro ao 19 de decembro de 2025