Subvencións para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos: convocatoria
Publícase no DOG nº 57, do 26 de marzo de 2026, a Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, e se convocan para o ano 2026.
Código de procedemento: CT404D
Dotación: 80.000 euros
Prazo de solicitude:
- Para eventos que se celebren entre 16 de novembro de 2025 e o 31 de maio de 2026: das 9,00 h do 7 de abril ata as 20,00 h do 1 de xuño de 2026
- Para eventos que se celebren entre o 1 de xuño e o 31 de outubro de 2026: das 9,00 h do 2 de xuño de 2026 ata as 20,00 h do 15 de outubro de 2026
- Máis información no apartado de subvencións