Share

Subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais: modificación da fonte de financiamento e obrigas das beneficiarias

Publícase no Diario Oficial de Galicia nº 222 do 18 de novembro de 2024 a Resolución do 12 de novembro de 2024 pola que se modifican os artigos 3 e 20 da convocatoria de 2024 de subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos no relativo á fonte de financiamento de parte do importe total e ás obrigas de publicidade e difusión das actividades subvencionadas por parte das persoas beneficiarias.