Subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais: ampliación do financiamento
Publícase no DOG nº 184, do 27 de setembro de 2023 a Resolución do 21 de setembro 2023 pola que se modifica a Resolución do 9 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2023.
A devandita modificación afecta a varios artigos das bases, entre os que se atopa o relativo ao financiamento, ampliando a 3.000.000 euros a dotación destas axudas a través do convenio entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA).