Subvencións para o programa Cultura no Camiño: convocatoria
Publícase no DOG nº 35, do 19 de febreiro de 2024 a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o programa Cultura no Camiño, de cara ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos cales discorren os diferentes Camiños de Santiago.
Código de procedemento: CT302B
Dotación: 250.000 euros
Prazo de solicitude: do 20 de febreiro ao 19 de marzo de 2024 (ou ata o esgotamento do crédito)
- Máis información no apartado Subvencións da nosa web