Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais: convocatoria
Publícase no DOG º 151 do 9 de agosto de 2023 a Resolución do 20 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2023.
Código de procedemento: CT207B
Dotación: 300.000 euros
Prazo de solicitude: do 10 de agosto ao 11 de setembro de 2023
- Toda a información sobre esta convocatoria na sección de Subvencións da web.