Share

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais: ampliación do crédito

Publícase no DOG nº 230 do 4 de decembro de 2023 a Resolución do 28 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 20 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2023.

A devandita modificación afecta a varios artigos das bases, entre os que se atopa o relativo ao financiamento, ampliando a 500.000 euros a dotación destas axudas a través do convenio entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA).


  • Máis información sobre esta convocatoria na sección de Subvencións da web