Share

Subvencións para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos: incremento do crédito

Publícase no DOG nº 220, do 20 de novembro de 2023, a Resolución do 14 de novembro de 2023 pola que se fai público o incremento de crédito da convocatoria de 2023 das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cinema (código de procedemento CT404D).

Con este incremento de  27.400 euros (4.700 para a modalidade A e 22.700 para a modalidade B), o crédito da convocatoria elévase a 77.400 euros.


  • Máis información sobre a convocatoria na sección de Subvencións desta web.