Subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais: modificación das bases
Publícase no DOG nº 177 do 18 de setembro de 2023 a Resolución do 11 de setembro de 2023 pola que se modifican as bases reguladoras da convocatoria de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241 (código de procedemento CT404E).
A devandita modificación afecta aos seguintes artigos:
1. Artigo 4.7, que queda redactado como segue: «Nestas subvencións admitiranse aqueles gastos que fosen comprometidos entre o 1 de xaneiro e o 20 de setembro de 2023, ambos incluídos».
2. Artigo 6.1, que queda redactado somo segue: «Serán gastos subvencionables de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable, que se realicen nos espazos escénicos e musicais situados en Galicia, resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto presentado e fosen comprometidos desde o 1 de xaneiro ao 20 de setembro do 2023, ambos incluídos».
3. Artigo 24.1, que queda redactado como segue: «Para ter dereito ao pagamento da axuda, deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención, ademais dos formularios establecidos para o efecto, antes do 20 de outubro de 2023».