Share

Subvencións para a modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais: convocatoria

Publícase no DOG nº58, do 21 de marzo de 2024, a resolución pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, para o ano 2024.

Código de procedemento: CT404E

Dotación: 500.000 euros

Prazo de solicitude: do 22 de marzo ao 22 de abril de 2024