Subvencións a festivais do sector audiovisual: convocatoria
Publícase no DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023 a Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2024.
Código de procedemento: CT215B
Dotación: 300.000 euros
Prazo de solicitude: do 30 de decembro de 2023 ao 29 de xaneiro de 2024
- Máis información no apartado de Subvencións desta web