Subvencións a festivais do sector audiovisual: convocatoria
Publícase no DOG nº 241 do 16 de decembro de 2024 a Resolución do 18 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e pola que se convocan para o ano 2025.
Código de procedemento: CT215B
Dotación: 300.000 euros
Prazo de solicitude: do 17 de decembro de 2024 ao 16 de xaneiro de 2025
- Máis información no apartado subvencións da web