Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria
Publícase no DOG nº 28, do 11 de febreiro de 2025, a Resolución do 10 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e música, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
Código de procedemento: CT402C
Dotación: 600.000 euros
Prazo de solicitude: das 9,00 h do 21 de febreiro ás 14,00 h do 21 de agosto de 2025 (ou ata o esgotamento do crédito)
- Máis información no apartado subvencións da web