Subvencións á comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cinema: convocatoria
Publícase no DOG nº 34 do 16 de febreiro de 2024 a resolución do 2 de febreiro de 2024 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, e se convocan para o ano 2024.
Código de procedemento: CT404D
Dotación: 70.000€
Prazo de solicitude: do 17 de febreiro ao 4 de novembro de 2024
- Máis información no apartado Subvencións da nosa web