Subvencións para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio e eventos de cine: ampliación do crédito
Publícase no DOG nº 203 do 21 de outubro de 2025 a resolución de modificación da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, pola que se amplía de 70.000 a 80.000 euros o crédito total destinado a esta liña de axudas. Esta nova contía distribúese entre a modalidade A con 34.000 euros e a B con 46.000 euros.
- Máis información no apartado subvencións da web