Subvencións para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio e eventos de cine: convocatoria
Publícase no DOG n º24 do 5 de febreiro de 2025 a Resolución do 10 de xaneiro de 2025 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, e pola que se convocan para o ano 2025.
Código de procedemento: CT404D
Dotación: 70.000 euros
Prazo de solicitude: do 6 de febreiro ao 3 de novembro de 2025 (ou ata esgotamento do crédito)
- Máis información no apartado subvencións da web