Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: sen efecto a publicación no DOG nº 33
Advertidos problemas de índole técnica na publicación no Diario Oficial de Galicia nº 33 do 15 de febreiro de 2024 da Resolución do 2 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de 2024, procédese a deixar sen efecto a súa publicación e convocatoria. Tras a corrección destes problemas, terá lugar unha nova publicación.
- Resolución pola que se deixa sen efecto a Resolución do 2 de febreiro de 2024 (DOG nº 34 do 16 de febreiro de 2024)