Share

Sesión informativa sobre as axudas á realización de rodaxes: 21 de xuño ás 12.00 h

[17/06/2024] O venres, 21 de xuño, ás 12h terá lugar unha sesión informativa presencial na Cidade da Cultura (Sala Eisenman) sobre as novas bases das axudas para a realización de rodaxes, que contan cunha dotación de 2.000.000 euros.

Prégase confirmación de asistencia enviando unha mensaxe ao correo audiovisual.agadic [at] xunta.gal, indicando nome/s das persoas e empresa.