Share

Relatos, encontros e imaxes. Acto de peche da segunda edición da aceleradora Sonemerxente: inscrición

Sonemerxente

 

Relatos, encontros e imaxes

Acto de peche da segunda Aceleradora de Proxectos Musicais da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza

 

MÉRCORES, 23 DE OUTUBRO
19:00 h.
SALÓN TEATRO (Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela)

Entrada libre previa inscrición na web de SONEMERXENTE

 

PRESENTAN:

Anxela Baltar & Lúa Mosquetera

PROXECTOS MUSICAIS PARTICIPANTES:

ABRIL · AMOEBO · CATUXA SALOM
FUTURO ALCALDE · FRENCH RIVIERA
JAVIER LAGO · ERIS MACKENZIE
FILLOAS · VERTER GZ · MARIÁN
CANDELA LISTE · HABLÓ PABLO

SHOWCASE:

De Ninghures

 

Co obxectivo de acelerar 10 proxectos artísticos musicais, a Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza puxeron en marcha a segunda edición da súa aceleradora de proxectos musicais SONEMERXENTE. 

Esta iniciativa consta de dúas fases: unha primeira de aceleración e unha segunda de promoción e mercados. Na primeira fase, os proxectos musicais participantes recibiron servizos de consultoría e mentorización individualizadas en diferentes áreas do negocio musical, así como na creación e gravación dun produto musical e o deseño dun plan estratéxico de lanzamento, ou plan de negocio. A segunda fase incluíu diferentes actividades como a participación en circuítos de concertos, festivais e espazos profesionais da industria musical, a nivel galego e nacional, ou o desenvolvemento de actividades de networking e speedmeetings con outros referentes do sector.