Share

Rede Galega de Teatros e Auditorios: prazo para realizar a programación do primeiro semestre de 2025

O prazo para que os espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios configuren a programación do primeiro semestre de 2025 permanecerá aberto do 19 de novembro ao 9 de decembro de 2024. O período de contratación abrangue do 10 de xaneiro ao 30 de xuño de 2025.

O deseño da súa carteleira ao abeiro deste circuíto autonómico realízase a través da plataforma www.galescena.gal, a partir das propostas inscritas previamente nela.