Rede Galega de Música ao Vivo: aberto o prazo de programación
Ábrese do 5 de decembro de 2024 ao 10 de xaneiro de 2025 o prazo para que as seis salas beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede Galega de Música ao Vivo confirmen o seu calendario de concertos para o ano 2025:
- A Arca da Noe (Vilar de Santos)
- A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro)
- Club Clavicémbalo (Lugo)
- La Pecera (Vigo)
- LaRoom (Ferrol)
- Sala Guión (Pontedeume)
O período de contratación abrangue do 1 de xaneiro ao 20 de outubro de 2025.
O trámite realízase a través da plataforma www.galescena.gal e a partir das propostas rexistradas na convocatoria aberta a grupos profesionais de música con sede, domicilio social ou establecemento permanente en Galicia.