Rede Galega de Música ao Vivo: inscrición de concertos no catálogo de 2025
Ábrese do 11 de novembro ao 2 de decembro de 2024 o prazo de inscrición de concertos no catálogo a partir do que se configurará a programación de 2025 da Rede Galega de Música ao Vivo nas seis salas beneficiarias da última convocatoria:
- A Arca da Noe (Vilar de Santos)
- A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro)
- Club Clavicémbalo (Lugo)
- La Pecera (Vigo)
- LaRoom (Ferrol)
- Sala Guión (Pontedeume)
Poderán achegar as súas propostas a través da plataforma www.galescena.gal aqueles grupos profesionais de música con sede, domicilio social ou establecemento permanente en Galicia, quedando excluídas as asociacións culturais.
A partir deste catálogo, as devanditas salas configurarán a súa programación musical como parte da Rede Galega de Música ao Vivo seguindo os requisitos relacionados no artigo 4.1.1 das bases das subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede Galega de Música ao Vivo.