Share

Publicado o libro-memoria coa actividade da Axencia Galega das Industrias Culturais durante 2025

memoria 2025

Xa está dispoñible para a súa consulta e descarga en formato dixital a Memoria 2025 da Axencia Galega das Industrias Culturais, a través da que ofrecemos o percorrido anual con información, datos e imaxes da actividade das industrias culturais desenvolvida co noso apoio.

Ao longo de 2025 impulsamos o audiovisual a escena e a música mediante distintas liñas de subvencións, circuítos de espectáculos e unha intensa programación formativa e divulgativa, tanto desde os nosos centros propios —Centro Coreográfico Galego, Centro Dramático Galego e Filmoteca de Galicia— como en colaboración con outras entidades e colectivos do ámbito cultural.

Destacamos algunhas cifras recollidas no volume, editado tamén en formato físico:

  • 424 proxectos subvencionados aos que destinamos 9.057.366 euros
  • 19 convenios por valor de 1.308.000 euros para 21 entidades beneficiarias
  • 2.530 funcións escénicas e concertos programados nas redes e circuítos

  • No apartado de publicacións da web pódense consultar as anteriores memorias.