Programa 'Formación en danza 2023' do Centro Coreográfico Galego: aberto o prazo de matrícula
O Centro Coreográfico Galego pon en marcha unha nova edición do programa Formación en Danza, dirixido tanto a profesionais do sector como a estudantes, que entre os meses de xullo e decembro desenvolverá oito cursos arredor de diferentes temáticas que van da posta en escena á distribución de espectáculos, pasando pola inclusión do xénero tradicional en todo tipo de montaxes ou polo papel da danza na terapia educativa e na saúde emocional:
Ferramentas de interpretación para profesionais e pre-profesionais da danza
Con Manuela Díaz
Do 3 ao 7 de xullo
10:00 a 13:00h
Santiago de Compostela. Academia Lodanzas
Danza inclusiva como terapia educativa
Con José Ramón Marcos Martínez
Do 17 ao 21 de xullo
10:00 a 13:00 h
A Coruña. Centro Coreográfico Galego
Saúde emocional e motivación na danza
Con Jorge Crecis
Do 24 ao 28 de xullo
10:00 a 13:00 h
Lugo. Conservatorio Profesional de Danza
Procesos creativos e posta en escena
Con Itziar del Val
Do 11 ao 15 de setembro
10:00 a 13:30 h
A Coruña. Centro Coreográfico Galego
Distribución escénica
Con Lilian Portela
Do 10 ao 22 de setembro
Luns, mércores e venres, de 10:00 a 13:00 h
Martes e xoves, de 16:00 a 19:00 h
En liña
Acompañamento na moderación e facilitación de terceiros colaboradores
Con Uxío Novo
30 de setembro
10:00 a 14:00h e 16:00 a 18:30h
En liña
Danza tradicional: como incluíla nun espectáculo
Con Iván Villar
Do 2 ao 6 de outubro
10:00 a 13:00 h
A Coruña. Centro Coreográfico Galego
Up, but down, but fast, but slow, but wild, but sensitive
Con Akira Yoshida
Do 4 ao 8 de decembro
10:00 a 13:00 h
A Coruña. Centro Coreográfico Galego
MATRÍCULA
Para cada curso, prazo aberto ata 10 días antes da súa celebración ou ata esgotar as prazas (20 en cada caso).
PREZO
30 euros por curso, cos seguintes descontos:
10% a partir de 2 cursos
20% a partir de 3 cursos
25% a partir de 4 cursos
INSCRICIÓN
Enviando este formulario cuberto ao correo electrónco formacion.ccg [at] xunta.gal