Programa de emprendemento para artistas da danza e as artes do movemento: inscrición no DEMODAY de clausura
A Axencia Galega das Industrias Culturais, a Fundación Paideia Galiza e a Fundación Escuela de Organización Industrial colaboran no desenvolvemento do programa formativo Emprendemento para artistas da danza e as artes do movemento, un proxecto pioneiro que se vén celebrando na Coruña desde o pasado 28 de marzo e que o venres 11 de xullo remata a súa primeira edición cunha xornada-demoday de presentación de proxectos, showcase de danza e networking.
O evento estará amenizado por Ramiro Neira, de Artestudio, e a actuación correrá a cargo da bailarina e coreógrafa Diana Ballesteros.
A asistencia é libre e gratuíta, só cómpre facer a inscrición a través deste formulario
- Venres 11 de xullo
- 12,30 horas
- Fundación Paideia Galiza. A Coruña. (Praza de María Pita, 17)