Programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego: adxudicacións
[13/07/2023] Resolucións do 7 de xullo de 2023 da Axencia Galega das Industrias Culturais, polas que se adxudican:
-Dúas coproducións de danza e artes do movemento, dentro do procedemento de contratación de dous espectáculos de danza en calquera das dúas modalidades. Consultar Resolución.
-Unha coprodución de danza e artes do movemento, dentro do procedemento de contratación dun espectáculo de danza para compañías ou profesionais emerxentes. Consultar Resolución.
Publícanse as resolucións do 25 de abril de 2023 da Axencia Galega das Industrias Culturais polas que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades, un deles reservado para compañías ou profesionais emerxentes.
Esta contratación insírese no programa de coproducións que a Axencia Galega das Industrias Culturais desenvolve a través do Centro Coreográfico Galego co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.
- Procedemento de selección e bases reguladoras
- Prazo de solicitude: do 18 de abril ao 28 de maio de 2023 (20 días naturais desde o día siguiente ao da publicación das resolucións).