Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais: adxudicacións
SELECCIÓN DOS PROXECTOS PARTICIPANTES
Publícase no DOG nº 226 do 28 de novembro de 2022 a Resolución do 2 de novembro de 2022 pola que se convoca, para o ano 2022, o procedemento para a selección, en réxime de concorrencia competitiva, das persoas participantes no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241.
Estado: Resolto (código de procedemento: CT402H)
Dotación: 179.328 euros
Adxudicación: Resolución de concesión do 1 de marzo de 2023
Modelos de declaración: Cumprimento do principio DNSH e Tratamento de datos
SELECCIÓN DUNHA ENTIDADE COLABORADORA PARA A XESTIÓN
Publícase no DOG nº 218 do 16 de novembro de 2022 a Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se convoca, para o ano 2022, o procedemento de concorrencia competitiva para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 .
Estado: Resolto
Obxecto: deseño, xestión e desenvolvemento das actividades do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais nos ámbitos de consultaría, mentoring, confección produtos musicais, presentación e difusión de proxectos, participación en eventos do sector musical das entidades seleccionadas como beneficiarias para participar no programa da Aceleradora.
Prazo de presentación: Do 17 de novembro ao 9 de decembro de 2022
Prazo de resolución: 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes
Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CT402G).
Adxudicación: Resolución do 13 de decembro de 2022