Galicia ProFilme: xornada de formación xurídica no sector audiovisual, en colaboración con Agapi

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) colaboran na organización dunha nova xornada de Galicia ProFilme, programa de formación continua para profesionais do audiovisual, que desta volta analizará aspectos relacionados co ámbito xurídico deste sector.
Baixo o título Dereitos audiovisuais: territorios, prazos e pantallas, abordaranse cuestións como o cumprimento das normas audiovisuais, os dereitos e territorios ou as oportunidades de negocio. Participarán no encontro María Coronado, directora de Audiovisual da Sociedad Española para la Transformación Tecnológica (SETT); Pedro Martín, director da área audiovisual e de deporte en Crea SGR, e as avogadas María Blanco Ramos (MBR Abogados) e María Romero Valiña (MRV Abogados).