Preparación dun Foco Galicia en FiraTàrrega 2027: reunión informativa en liña o 13 de xullo
O vindeiro luns 13 de xullo, ás 10.00 horas, celebrarase unha sesión informativa en liña dirixida a compañías profesionais galegas de artes escénicas de Galicia para presentar a proposta de impulsar un Foco Galicia en FiraTàrrega - Arts de Carrer 2027.
Durante a reunión darase a coñecer a iniciativa, explicarase o seu posible desenvolvemento e recollerase o interese das compañías, xa que a posta en marcha do proxecto dependerá da disposición e implicación do sector.
Participarán:
-Abigail Ballester, directora executiva de FiraTàrrega
-Pilar Portela, coordinadora do Departamento de Música e Danza da Agadic
As compañías interesadas en participar na sesión deberán inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos de identificación e contacto a:
formacion.ccg [at] xunta.gal
Unha vez recibida a inscrición, remitiráselles a ligazón para acceder á reunión.